17 sept 2012

PREMIO VOZ NATURA:Viaxe a Manzaneda

O curso pasado obtivemos o premio provincial de Voz Natura que consistía nunha viaxe para 50 nenos e nenas do colexio.
Así que os días 19 e 20 de setembro viaxaremos a Manzaneda para pasalo estupendamente. Acompañarannos as profesoras: Beatriz, Rosa e Maricarmen.
Na seguinte presentación podemos ver máis información.
 

Neste vídeo podemos ver as fotografías que fixemos durante a estancia en MANZANEDA.
Os nenos e nenas disfrutaron da Estación de Montaña Cabeza de Manzaneda, xunto aos premiados da provincia da Coruña, o CPI Monte Caxado de As Pontes. Fixeron actividades de escalada, senderismo, tiro con arco, mini-karts...Asemade poidemos observar os Canóns do Sil que lles impresionaron moito polas súas vistas e a beleza natural da paisaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario