21 jun 2013

Actividade Fin de Curso

Para rematar o curso o venres, 21 de xuño, todos a correr na III Milla "Pedrosa Latas". 


 







20 jun 2013

Obradoiro de Teatro

O xoves, 20 de xuño, o Obradoiro de Teatro do Colexio, dirixido por Vicente Míguez, puxo en escea a obra "Casa Macho".
No seguinte vídeo podemos ver unha reportaxe de fotos.


18 jun 2013

FINAIS DOS XOGOS POPULARES

Esta semana estanse a celebrar as finais dos xogos tradicionais que estivemos prácticando durante o curso.
No seguinte vídeo podemos ver as fotos das finais de beisbol y o pano.


15 jun 2013

I XORNADA NÁUTICA

Os alumnos e alumnas do 3º Ciclo do CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS participaron na I Xornada Náutica en colaboración co Real Club Náutico Casino de Viveiro, o xoves día 13 de Xuño en horario escolar.


12 jun 2013

OBRADOIROS DE TEATRO E CORO

O curso chega ao seu fin e tamén as actividades dos Obradoiros de Teatro e Coro impartidos polos profesores Vicente e Marta.
  • O xoves, 13 de xuño, faremos a clausura dos mesmos facendo entrega dos diplomas de participación e algunha sorpresa máis.
Durante o curso ensaiaron moito e fixeron varias actuacións:

GRUPO DE TEATRO

AGRUPACIÓN CORAL
GRUPO DE TEATRO     
   AGRUPACIÓN CORAL






VISITAS ESPECIAIS

 
Dentro do Programa Voz Natura e para celebrar o Día Mundial do Vento (15 de xuño) temos prevista para o martes, 11 de xuño, unha xornada cos alumnos de Primaria.
  • Ao longo da mañá o 3º ciclo fará unha visita á FÁBRICA VESTAS en Chavín, onde fabrican motores e turbinas para os muiños de vento (aereoxeneradores).



    

11 jun 2013

Excursión fin de curso do 1º ciclo

O venres, 7 de xuño de 2013, os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso, xunto cos seus profesores Rebeca e Eduardo, fixeron a viaxe de fin de curso  a MARCELLE.
Alí poideron ver moitos animais e practicar moitos xogos xa que fixo un día estupendo. Pasáronno moi ben!

6 jun 2013

Excursión fin de curso de INFANTIL

O mércores, 5 de xuño, Día Mundial do Medioambiente, fixemos a excursión de fin de curso todos os nenos e nenas de Infantil. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!

3 jun 2013

FESTA VOZ NATURA

As familias que participaron na Festa de Voz Natura o sábado, 1 de xuño, pasáronno estupendamente coas actividades programadas para esa xornada festiva.
Dende o Centro queremos darlle as gracias ás familias pola súa colaboración na organización da nosa exposición.

Excursión fin de curso do 2º ciclo

Os alumnos e alumnas do 2º ciclo de primaria, xunto cos seus profesores Beatriz e Paco, fixeron a excursión de fin de curso á GRANXA ESCOLA DE BARREIROS, os días 30 e 31 de maio. Pasáronno estupendamente.

24 may 2013

Excursión fin de curso do 3º ciclo

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo, xunto cos seus profesores Vicente e Marta, fixeron a viaxe de fin de curso os días 21, 22 e 23 de maio á zona das Rías Baixas. O aloxamento foi no Mosteiro de Poio.
As actividades que levaron a cabo foron:
 VÍDEOS DAS ACTIVIDADES
 

17 may 2013

Actuacións do coro do colexio

O xoves, 16 de maio, actuamos no Conservatorio de Música de Viveiro.
No seguinte vídeo podemos ver e escoitar un resumo da actuación






Despois fumos a clausurar a Exposición "Unha primavera de poemas" cantándolle a Rosalía de Castro 

3 may 2013

A lonxa de Celeiro no colexio

O xoves, 2 de maio, visitounos José Manuel Míguez Fernández, Xefe de Cancha da Lonxa de Celeiro . Fíxonos unha clase práctica para aprender a recoñecer as diferentes clases de peixes que entran na Lonxa de Celeiro.

29 abr 2013

Visita de Abraham Carreiro

O luns, 29 de abril, e como continuación da celebración do Día do Libro, tivemos a visita do ilustrador ABRAHAM CARREIRO.

23 abr 2013

Celebramos o Día do Libro

Para festexar e conmemorar este día tan importante, nas aulas fixemos moitos traballos.






Na BIBLIOSOÑOS fixemos unhas sesións de Formación de Usuarios por ciclos. Dentro do blog hai unha páxina especial na que podemos atopar moita información sobre o Día do Libro, de Miguel de Cervantes, vídeos, xogos...

17 abr 2013

Visitas ao helicóptero PESCA II

Dentro das actividades programadas para o proxecto O MAR, realizamos unha visita ás instalacións  GARDACOSTAS DE GALICIAS e ao helicóptero PESCA II, pertencente á Consellería do Medio Rural e do Mar.

No seguinte ENLACE podemos ver máis información e os vídeos da actividade.

 

22 mar 2013

Celebramos o Día da Árbore e da Auga

O venres, 22 de marzo celebramos conxuntamente a chegada da primavera o día da árbore e o da auga facendo moitas actividades que podemos ver no seguinte enlace:

21 mar 2013

Viaxe-Cultural do 2º ciclo




O Xoves, 21 de marzo, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso, xunto coa coidadora Esther e os seus mestres Beatriz e Paco, fixeron unha excursión moi relacionada co tema do Proxecto Integrado de Dinamizacións: O MAR.

12 mar 2013

Actuación do Coro do Colexio

O sábado, 9 de marzo, o Coro do Colexio foi invitado a participar nun Festival Benéfico organizado por ABAY: tamén actuaron o acordeonista Iván Armada e o Coro do CEP Lois Tobío.
Neste ENLACE podemos ler o resumo do festival.
Este é o vídeo da nosa actuación

10 mar 2013

Visita ao Parque de Bombeiros

O venres, 8 de marzo, Día dos Bombeiros, estivemos invitados para ver unhas demostracións das súas tarefas.


Los bomberos del parque de extinción de incendios de A Mariña Occidental celebraron en sus intalaciones de Viveiro una jornada de puertas abiertas en la que compartieron con autoridades, escolares y vecinos la celebración de su patrón, San Juan de Dios. Además de una misa en la iglesia parroquial de Celeiro, los efectivos del parque participaron en una serie de ejercicios, de forma que se les pudo ver cómo actúan en caso de una fuga de gas incendiada y en la excarcelación de un herido en accidente de tráfico. Además, realizaron un ejercicio de rápel invertido, en el que se pudo ver a los bomberos deslizarse por una cuerda desde una altura de treinta metros. A la celebración asistieron también representantes de los parques de bomberos de Barreiros y Vilalba.

16 feb 2013

Día de Rosalía de Castro

O  24 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Este ano 2013 é o 150 aniversario da publicación do seu libro "Cantares Gallegos" (1863-2013), por iso na Bibliosoños musicamos o poema "Has de cantar" para que o poidamos cantar todos xuntos.


Tamén podemos atopar moita información na páxina especial que lle adicamos a 

8 feb 2013

1 feb 2013

Charlas Informativas

Dentro do Proxecto O MAR tivemos unhas charlas informativas sobre Salvamento Marítimo, a cargo de Tito Villarmea Méndez.
Podemos ver toda a información na 

24 ene 2013

Actividades do Día da Paz

Estamos preparando as actividades que imos a facer para conmemorar este día tan especial. Na seguinte preparación podemos ver o programa. Todas as actividades poderémolas ver no 




22 ene 2013

Viaxe Cultural do 3º ciclo


Este curso os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso fan a súa viaxe cultural o venres 25 de xaneiro, á Coruña para visitar:


3 ene 2013

Actuación do coro na Igrexa de Celeiro

O domingo, 30 de decembro de 2012, a Agrupación Instrumental e Coral do Colexio foi invitada para facer unha pequena actuación na Igrexa de Celeiro. 

18 dic 2012

Cría de pollitos

Ao noso colexio chegaron seis ovos de galiña. Imos ver como nacen e van medrando pouco a pouco.
Podemos atopar máis información no apartado de Voz Natura dentro do Proxecto Integrado

20 nov 2012

Celebramos o Día dos Dereitos da Infancia

O 20 de novembro, coma todos os anos, celebramos dun xeito moi especial este día.
No Blog Dereitos da Infancia podemos ver moita máis información e páxinas de recursos para traballar nas aulas e na casa.


31 oct 2012

Halloween, Samaín e Magosto

O día 31 de outubro celebramos varias festas no colexio:
  • Pola mañá o Halloween e o Samaín.
  • Despois do recreo comimos castañas do noso Magosto.
  • Viñemos disfrados de esqueletos, bruxas, demos, cabazas...  Pasámolo moi ben! 

29 oct 2012

Escolas Viaxeiras a Salamanca

Na semana do 22 ao 28 de outubro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, xunto coa profesora Rosa Rodríguez, participaron nas Escolas Viaxeiras a Salamanca. Pasáronno estupendamente e a modo de resumo citamos algúns dos lugares que visitaron: 
  • Base aérea de Matacán, Fundación Germán Sánchez Ruipérez, Ayuntamiento de Salamanca.
  • Ruta Monumental: Ponte Romana, Universidades, Escolas Menores, Casa das Conchas...
  • Localidade de Béjar Cámara, Museo Xudeo, Santuario del Castañar, Plaza de toros.
  • Zona Las Arribes, localidad de Vilvestre, Aula museo, Miradores, ruinas del Castillo, panorámicas do río Douro
  • Ciudad Rodrigo y La Alberca, Aula de Interpretación de las Fortificaciones, Palacio de la Marquesa de Cartago, Iglesia Catedral, Parador, Muralla, Casa Albercana, Aula Arqueolóxica de Batuecas e Casa do Parque Natural de las Batuecas.
  • Alba de Tormes, Torre Ducal, Lugares Teresianos e traballos de alfarería. 

26 oct 2012

Sesión de contacontos

A Compañía de Teatro "Os Quinquilláns"  visitan o noso colexio para contarnos "A verdadeira historia de Artur e Morgana".
Moitas gracias pola vosa visita!
Con esta actuación queda inaugurado o novo escenario  do salón de actos do colexio.

24 oct 2012

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe, día 24 de outubro de 2012, celebramos o Día da nosa Biblioteca "Bibliosoños", aínda que xa levamos facendo moitas actividades durante todo este mes.
Neste enlace podemos ver as diferentes actividades que van relacionadas co proxecto integrado de dinamizacións sobre o tema do MAR

17 sept 2012

PREMIO VOZ NATURA:Viaxe a Manzaneda

O curso pasado obtivemos o premio provincial de Voz Natura que consistía nunha viaxe para 50 nenos e nenas do colexio.
Así que os días 19 e 20 de setembro viaxaremos a Manzaneda para pasalo estupendamente. Acompañarannos as profesoras: Beatriz, Rosa e Maricarmen.
Na seguinte presentación podemos ver máis información.
 

Neste vídeo podemos ver as fotografías que fixemos durante a estancia en MANZANEDA.
Os nenos e nenas disfrutaron da Estación de Montaña Cabeza de Manzaneda, xunto aos premiados da provincia da Coruña, o CPI Monte Caxado de As Pontes. Fixeron actividades de escalada, senderismo, tiro con arco, mini-karts...Asemade poidemos observar os Canóns do Sil que lles impresionaron moito polas súas vistas e a beleza natural da paisaxe.